Ir al contenido principal

ESTEAMOS BEN INFORMADOS: CURAR CONTIDOS, SANTO REMEDIO.

QUE É?

A curación de contidos é a arte de buscar e seleccionar contidos de calidade e relevantes da internet, para distribuílos de maneira analítica e modificada.
Trátase de conseguir unha información de calidade, separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información. 
O sentido detrás de todo isto reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información.

FORMATOS

Poden ser moi variados, dependendo do obxectivo que pretendamos conseguir. Aquí temos algúns exemplos:
  • Montar un repositorio categorizado de acceso por perfil de usuario
  • Preparar un informe sectorial para a dirección ou departamento
  • Escribir un boletín de vixilancia sobre tecnoloxía ou competidores
  • Realizar unha estado da arte da tecnoloxía
  • Análise de publicacións científicas

FASES

BUSCAR --> FILTRAR --> ANALIZAR --> ELABORAR/ADAPTAR --> DISTRIBUIR


COMO SER EFECTIVOS?

1. Mentalidade crítica
Unha actitude crítica debe asentarse sobre un profundo coñecemento dos intereses do público obxectivo e da actualidade da temática que traballemos

2. Especialización temática e en canto ao público obxectivo
Será moi complicado que podamos formar esa mentalidade crítica se non estamos realmente especializados nun tema concreto e nun segmento de público obxectivo determinado.

3. Análise e optimización
Ésto, ademais de ser unha das fases da curación de contidos, debe integrarse dentro das rutinas de traballo diarias porque só así poderemos poñer en marcha cambios que nos axuden a mellorar.

4. Constancia
O traballo ben feito, constante, e continuado será o que che permita situarte como unha fonte de contidos interesantes e fiables dentro da túa comunidade.

5. Estilo propio
Busca ese estilo persoal que che diferencie do resto.
Configura o teu estilo persoal para situarte ante un publico obxectivo.

CURACIÓN DE CONTIDOS NO ÁMBITO EDUCATIVO

Se o aplicamos a educación, trátase dun proceso no que se asimila, organiza e estrutura información que outros proporcionaron. Neste proceso, os alumnos poden estar guiados polo docente. Aquí déixovos unha ligazón na que atopar máis información acerca da cuaración de contidos aplicada ao ámbito educativo. 
http://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/herramientas-curacion-contenidos/23539.html

  • Pinterest:  Posibilita a creación de taboleiros sobre temas específicos de forma moi intuitiva, tan só incorporando a fonte ou url de onde proceden. Ademais, permite seguir os taboleiros das persoas que máis nos interesen, ou subir os arquivos directamente .
  • Scoop.it: Permite a distribución dos contidos a través de redes sociais, e permite o seguimento de usuarios e temas. 
  • Storify: Podese crear e almacenar crónicas, artigos e cronoloxías utilizando o contido de redes sociais: toma a información dos vídeos de YouTube, contidos en Facebook, imaxes de Pinterest etc. Permite ademais que o docente cree pequenas leccións sobre un tema, incorporando múltiples fontes e elementos multimedia.
  • FedlyFeedly: Permite organizar e acceder rapidamente, desde a navegador web ou das súas aplicacións para teléfonos intelixentes, a todas as noticias e actualizacións de blogues ou webs. Ao seu favor, permite ordenar todos os contidos de maneira que aforra tempo ao usuario ao non ter que revisar as fontes de noticias. É gratuíto.
  •  Flipboard: cunha interface similar a unha revista, dispón de distintas fontes e ademais permítese conectarse a Facebook, Twitter, Instagram ou Linkedin. É gratuíta.

MÁIS SOBRE A CURACIÓN DE CONTIDOS

Aquí deixo algúns artigos/ligazóns moi interesantes, para iniciarse na curación de contidos






Comentarios

Entradas populares de este blog

SEICA ISTO, XA VEN DE VELLO.

Dende o principio dos tempos, a transmisión de coñecementos e valores a través das distintas xeracións, foi parte fundamental do desarrollo da sociedade ao longo da historia. Esta transmisión, que nun principio se realizaba no núcleo familiar, profesionalizase xa na antiguidade, pero soamente algúns sectores sociais, podían ter acceso a estes servizos. Por exemplo, na antiga Grecia a educación era encarada como momento libre, para poucas persoas de boa condición de vida que podían ter acceso ou que non dependían do seu traballo para sobrevivir. Moi interesantes estes videos: https://www.youtube.com/watch?v=Oq-FmvI4ijw https://www.youtube.com/watch?v=7oD7WkaABNE No período medieval, o proceso de ruralización da sociedade europea, determinou unha nova forma escolar, onde o ensino pasou a ser ligado ás igrexas. Tamén unha parte moi pequena da sociedade podía ter acceso ao ensino. Coa chegada do comercio, comeza a preocupación coa necesidade de saber. Os negocios e administrac

POR FIN REMATAMOS??? NON...PUNTO E SEGUIDO!

Que ben chegar ata aquí! Non soamente apredín, senon que tamén este curso me serviu para cambiar o concepto que tiña sobre algunha rede social, á que agora conseguín atoparlle unha utilidade diferente á que tiña preconcebida. Como educador, o aprendido aquí, vaime axudar a... Deseñar novos escenariosde aprendizaxe. Ter máis oportunidades de colaboración docente. Desarrollarme profesionalmente. Mellorar o meu entorno persoal de aprendizaxe. Conectar as aula co exterior. Poder guiar mellor ao alumnado no uso das TIC. Dar maior calidade e cobertura á miña identidade dixital. Sen dúbida, mellorar o o meu PLE, axudame a obter, analizar, seleccionar e compartir con máis criterio, a información que podo utilizar na miña labor docente. En definitiva, encantado coa experiencia. Grazas!! Máis sobre ambientes de aprendizaxe: http://ocw.um.es/cc.-sociales/tic-en-educacion-social/material-de-clase-1/bloque-3.-entornos-personales-de-aprendizaje

PANDEMIA ESCOLAR

Nestes tempos abruptos, non deixo de escoitar a "gurús" da educación compracerse da excelencia do teletraballo, e máis concretamente, no eido educativo. Non vou discutir que cos medios e a formación axeitada, a educación telemática, pode ser unha excelente ferramenta de traballo con moitísimas posibilidades, pero agora mesmo no rural galego, non estamos nese punto. E concretamente en educación infantil e primaria, onde a presenza nas clases da mestra ou mestre antóllase insubstituíble. Ollo, non digo mellor nin peor, digo insubstituíble. Un estudante de BAC ou universitario, é quen de poñerse diante dunha pantalla extraendo e asimilando contidos e conceptos, ao igual que o faría nunha clase presencial, pola propia dinámica das mesmas e a idade e intereses comúns dos interlocutores. O alumnado dos colexios precisa verse, sentirse, tocarse, emocionarse e soñar xuntos. A interacción é parte do seu desarrollo académico e personal, e a figura do mestre, a súa referencia