Ir al contenido principal

A MALA EDUCACIÓN

Intrínsecamente, antropolóxicamente, desde que o ser humano deambula por este acuoso planeta mal chamado Terra, gusta de entreterse e pasar o tempo buscando culpables aos que, a miúdo, vemos linchar pública e alegremente por parte da sociedade.

A culpabilidade, ten sen dúbida moitas connotacións obxectivas que deixan ao descuberto as "vergoñas" dos nosos "pecadores" semellantes pero, non en poucas ocasións, se viron ao longo da historia, grandes atrocidades cometidas sobre individuos e sociedades enteiras, en nome da xustiza, cunha base argumental moi alonxada da palpable realidade. Non son poucos os que cren ter na súa man a verdade absoluta, sí, aquela que nos fai sinalar co dedo acusador aos nosos semellantes sen remordemento algún.

E claro, na sociedade actual, sinalar e atopar culpables segue a ser un acto redentor e purificador de conciencias éticamente cuestionables.

Últimamente, observo atónito como intentamos culparnos uns a outros dunha serie de comportamentos da sociedade que atribuímos á mala educación. Pero, antes de nada debemos preguntarnos... a mala educación é causa, ou é consecuencia?

Segundo a OMS, unha conduta psicopática é a que, entre outras cousas, se amosa incapaz de sentir ou admitir culpa, evidenciando unha marcada predisposición a culpar de todo o negativo aos demais. Aínda que soe esaxerado, non podo deixar de pensar se non é ese o tipo de actitude que se reforza hoxe, polos termos en que está exposto o debate público sobre a mala educación. 

Por exemplo, moitos profesores responsabilizan aos proxenitores da mala educación, de non dar exemplo, de non marcar unhas pautas claras de comportamento, de ser demasiado permisivos, etc.  Pero o certo é, que seguramente se a maioría dos pais tivesen un traballo cun horario adaptado ao dos nenos, coas mesmas vacacións, cun mordomo que ao chegar á casa tivese preparada a comida, limpado o piso e pasado o ferro á coada, entón quizais poderiamos responsabilizar aos pais polo deixamento educativo dos seus fillos. Pero agora, no mundo real de traballo e consumo no que vivimos, moitos nenos teñen que medrar sen referentes próximos porque os seus pais traballan e están con moito estrés derivado do traballo. Hoxe, case ningún fogar pode vivir cun só soldo. Os avós (nunha pequena parte), e as pantallas (nunha gran parte), son os novos referentes na infancia e adolescencia. En resumo: os nenos están sós e, os pais, fan o que poden.

Algúns pais, pola súa banda, culpabilizan aos profesores. Ser profesor hoxe en día, é difícil, incluso tendo unha boa preparación. Imaxinemos a seguinte situación: un profesor dille a un alumno en clase que faga algo (por exemplo, saír ao encerado) e o alumno di «non». Que opcións ten un docente hoxe en día para manter a súa autoridade? Poucas, moi poucas que non sexan "reclamables". 

Ademais, os alumnos están afeitos a recibir centos de fotogramas por minuto cando ven a televisión, historias con equipos de dez guionistas, música a demanda, espectaculares efectos visuais... E claro, cando chegan a clase atópanse ante sí cunha persoa sinxela e normal, sen efectos especiais, tentando atraer a súa atención para contarlle outras historias escritas polos non bos guionistas da historia ou as ciencias. Difícil tarefa. Eso sí, se o labor docente xa é complicado con vocación, imaxinade o calvario de poñerse á fronte dun aula para aqueles que non a teñen, que tamén os hai.

E quédannos os alumnos. Poderían ser eles os culpables da mala educación? Xa dixemos que moitos viven sen referentes, porque o sistema económico e profesional así o dictamina. Pero, ademais, hai que recoñecer, que os nenos e os adolescentes danse conta de moitas máis cousas das que os adultos cren. Ven, por exemplo, que os seus irmáns maiores, os seus curmáns ou os mozos da contorna máis inmediata que estudaron longas e tortuosas carreiras, non atopan traballo, teñen "taitantos" e seguen vivindo cos pais, e no caso de atopar traballo, é en precario en moitos casos: médicos facendo gardas con contratos de días; arquitectos en estudos de amigos presentándose a concursos imposibles etc... E onde están -pensarán os nenos e adolescentes- eses beneficios laborais froito do traballo e do esforzo que se nos prometen? E así, nos atopamos cun dos grandes problemas paradigmáticos da educación hoxe en día; xa non serve o descurso de que o esforzo persoal, garante un futuro laboral estable que nos permitirá vivir sen preocupacións económicas.

Moitos nenos queren ser famosos (youtubers, futbolistas, actores) Por que? Unha famosa ou famoso, parece ser unha persoa que sen facer nada extraordinariamente imposible, ten o aprecio e admiración da sociedade e, por riba, gaña moito diñeiro. Pódeselle reprochar á nosa xuventude que idolatre e queira ser coma estes referentes mediáticos? En moitos casos, pasan con eles máis horas que coa familia.

Como podemos ver, todos os elementos e factores que interveñen na educación poden ser e ter parte de culpa na "mala educación". Pero... e se a solución a calquera contratempo estivera dentro de cada un de nós? E se os adultos deixaramos de contar os días que restan para a seguinte ponte festiva e nos adicaramos a mimar e cultivar as pequenas cousas e mirar aos ollos aos nosos fill@s, como se facía nas lareiras arredor do lume onde a palabra e o consello eran lei de vida. E se os nenos, volveran imaxinar solucións que agora lles brinda a un clic o señor Google e soñaran co olor da choiva unha tarde de abril, as risas do verán ou con ser, simplemente, eles mesmos vivindo felices nun mundo máis xusto?

«Non cometín culpas contra os homes»: esta frase, atopada no "Libro dos Mortos", colección de textos funerarios do antigo Exipto, era o inicio dun conxunto de invocacións rituais efectuadas polos sacerdotes en nome do morto, mentres o seu corpo era trasladado por unha barca alén do río. Se a afirmación era verdadeira, non se queimaría, se era falsa, o corpo sería envolvido polas chamas. 

Non creo que sexa necesario chegar tan lonxe. Pero se ninguén sente culpa por nada, porque cre que todo o fixo ben ou porque cre que todo o que fixo mal, foi culpa dos demáis ou froito das circunstancias adversas, temos un problema. Somos donos das nosas decisións e debemos facernos cargo das súas consecuencias. Do contrario, a nosa "mala educación" non terá xamáis un responsable e no imaxinario colectivo será, eterna e simplemente, produto da mala sorte.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

SEICA ISTO, XA VEN DE VELLO.

Dende o principio dos tempos, a transmisión de coñecementos e valores a través das distintas xeracións, foi parte fundamental do desarrollo da sociedade ao longo da historia. Esta transmisión, que nun principio se realizaba no núcleo familiar, profesionalizase xa na antiguidade, pero soamente algúns sectores sociais, podían ter acceso a estes servizos. Por exemplo, na antiga Grecia a educación era encarada como momento libre, para poucas persoas de boa condición de vida que podían ter acceso ou que non dependían do seu traballo para sobrevivir. Moi interesantes estes videos: https://www.youtube.com/watch?v=Oq-FmvI4ijw https://www.youtube.com/watch?v=7oD7WkaABNE No período medieval, o proceso de ruralización da sociedade europea, determinou unha nova forma escolar, onde o ensino pasou a ser ligado ás igrexas. Tamén unha parte moi pequena da sociedade podía ter acceso ao ensino. Coa chegada do comercio, comeza a preocupación coa necesidade de saber. Os negocios e administrac

POR FIN REMATAMOS??? NON...PUNTO E SEGUIDO!

Que ben chegar ata aquí! Non soamente apredín, senon que tamén este curso me serviu para cambiar o concepto que tiña sobre algunha rede social, á que agora conseguín atoparlle unha utilidade diferente á que tiña preconcebida. Como educador, o aprendido aquí, vaime axudar a... Deseñar novos escenariosde aprendizaxe. Ter máis oportunidades de colaboración docente. Desarrollarme profesionalmente. Mellorar o meu entorno persoal de aprendizaxe. Conectar as aula co exterior. Poder guiar mellor ao alumnado no uso das TIC. Dar maior calidade e cobertura á miña identidade dixital. Sen dúbida, mellorar o o meu PLE, axudame a obter, analizar, seleccionar e compartir con máis criterio, a información que podo utilizar na miña labor docente. En definitiva, encantado coa experiencia. Grazas!! Máis sobre ambientes de aprendizaxe: http://ocw.um.es/cc.-sociales/tic-en-educacion-social/material-de-clase-1/bloque-3.-entornos-personales-de-aprendizaje

PANDEMIA ESCOLAR

Nestes tempos abruptos, non deixo de escoitar a "gurús" da educación compracerse da excelencia do teletraballo, e máis concretamente, no eido educativo. Non vou discutir que cos medios e a formación axeitada, a educación telemática, pode ser unha excelente ferramenta de traballo con moitísimas posibilidades, pero agora mesmo no rural galego, non estamos nese punto. E concretamente en educación infantil e primaria, onde a presenza nas clases da mestra ou mestre antóllase insubstituíble. Ollo, non digo mellor nin peor, digo insubstituíble. Un estudante de BAC ou universitario, é quen de poñerse diante dunha pantalla extraendo e asimilando contidos e conceptos, ao igual que o faría nunha clase presencial, pola propia dinámica das mesmas e a idade e intereses comúns dos interlocutores. O alumnado dos colexios precisa verse, sentirse, tocarse, emocionarse e soñar xuntos. A interacción é parte do seu desarrollo académico e personal, e a figura do mestre, a súa referencia