Ir al contenido principal

Entradas

A MALA EDUCACIÓN

Intrínsecamente, antropolóxicamente, desde que o ser humano deambula por este acuoso planeta mal chamado Terra, gusta de entreterse e pasar o tempo buscando culpables aos que, a miúdo, vemos linchar pública e alegremente por parte da sociedade. A culpabilidade, ten sen dúbida moitas connotacións obxectivas que deixan ao descuberto as "vergoñas" dos nosos "pecadores" semellantes pero, non en poucas ocasións, se viron ao longo da historia, grandes atrocidades cometidas sobre individuos e sociedades enteiras, en nome da xustiza, cunha base argumental moi alonxada da palpable realidade. Non son poucos os que cren ter na súa man a verdade absoluta, sí, aquela que nos fai sinalar co dedo acusador aos nosos semellantes sen remordemento algún. E claro, na sociedade actual, sinalar e atopar culpables segue a ser un acto redentor e purificador de conciencias éticamente cuestionables. Últimamente, observo atónito como intentamos culparnos uns a outros dunha serie de comportame
Entradas recientes
To BITS or not to BITS. A cuestión é se os sedutores aparellos electrónicos ofrecen unha mellora real no ensino e nas capacidades humanas ou se teñen inconvintes que fan que teñan que ser utilizados con cautela. Nos últimos tempos presenciamos un enorme auxe das novas tecnoloxías da información. Nas escolas vaise producindo a dixitalización das aulas. Con todo, estes fascinantes desenvolvementos non están a ter en conta investigacións científicas que atopan que estas tecnoloxías teñen un impacto negativo na saúde e nas capacidades cognitivas. “A ciencia avanza unha barbaridade”, dicíanse marabillados os visitantes da exposición universal de París en 1889. Achegábase á súa conclusión un século no que a humanidade sentaba as bases para un “progreso” inusitado. As leis fundamentais do electromagnetismo foran fixadas e dábase paso a unha era na que a forza dos animais e a da máquina de vapor ían ser substituídas pola electricidade e o motor de combustión interna. Algúns dos avances

PANDEMIA ESCOLAR

Nestes tempos abruptos, non deixo de escoitar a "gurús" da educación compracerse da excelencia do teletraballo, e máis concretamente, no eido educativo. Non vou discutir que cos medios e a formación axeitada, a educación telemática, pode ser unha excelente ferramenta de traballo con moitísimas posibilidades, pero agora mesmo no rural galego, non estamos nese punto. E concretamente en educación infantil e primaria, onde a presenza nas clases da mestra ou mestre antóllase insubstituíble. Ollo, non digo mellor nin peor, digo insubstituíble. Un estudante de BAC ou universitario, é quen de poñerse diante dunha pantalla extraendo e asimilando contidos e conceptos, ao igual que o faría nunha clase presencial, pola propia dinámica das mesmas e a idade e intereses comúns dos interlocutores. O alumnado dos colexios precisa verse, sentirse, tocarse, emocionarse e soñar xuntos. A interacción é parte do seu desarrollo académico e personal, e a figura do mestre, a súa referencia

POR FIN REMATAMOS??? NON...PUNTO E SEGUIDO!

Que ben chegar ata aquí! Non soamente apredín, senon que tamén este curso me serviu para cambiar o concepto que tiña sobre algunha rede social, á que agora conseguín atoparlle unha utilidade diferente á que tiña preconcebida. Como educador, o aprendido aquí, vaime axudar a... Deseñar novos escenariosde aprendizaxe. Ter máis oportunidades de colaboración docente. Desarrollarme profesionalmente. Mellorar o meu entorno persoal de aprendizaxe. Conectar as aula co exterior. Poder guiar mellor ao alumnado no uso das TIC. Dar maior calidade e cobertura á miña identidade dixital. Sen dúbida, mellorar o o meu PLE, axudame a obter, analizar, seleccionar e compartir con máis criterio, a información que podo utilizar na miña labor docente. En definitiva, encantado coa experiencia. Grazas!! Máis sobre ambientes de aprendizaxe: http://ocw.um.es/cc.-sociales/tic-en-educacion-social/material-de-clase-1/bloque-3.-entornos-personales-de-aprendizaje

ESTEAMOS BEN INFORMADOS: CURAR CONTIDOS, SANTO REMEDIO.

QUE É? A curación de contidos é a arte de buscar e seleccionar contidos de calidade e relevantes da internet, para distribuílos de maneira analítica e modificada. Trátase de conseguir unha información de calidade, separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información.  O sentido detrás de todo isto reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información. FORMATOS Poden ser moi variados, dependendo do obxectivo que pretendamos conseguir. Aquí temos algúns exemplos: Montar un repositorio categorizado de acceso por perfil de usuario Preparar un informe sectorial para a dirección ou departamento Escribir un boletín de vixilancia sobre tecnoloxía ou competidores Realizar unha estado da arte da tecnoloxía Análise de publicacións científicas FASES BUSCAR --> FILTRAR --> ANALIZAR  --> ELABORAR/ADAPTAR --> DISTRIBUIR COMO SER EFECTIVOS? 1. Mentalidade crítica

SEICA ISTO, XA VEN DE VELLO.

Dende o principio dos tempos, a transmisión de coñecementos e valores a través das distintas xeracións, foi parte fundamental do desarrollo da sociedade ao longo da historia. Esta transmisión, que nun principio se realizaba no núcleo familiar, profesionalizase xa na antiguidade, pero soamente algúns sectores sociais, podían ter acceso a estes servizos. Por exemplo, na antiga Grecia a educación era encarada como momento libre, para poucas persoas de boa condición de vida que podían ter acceso ou que non dependían do seu traballo para sobrevivir. Moi interesantes estes videos: https://www.youtube.com/watch?v=Oq-FmvI4ijw https://www.youtube.com/watch?v=7oD7WkaABNE No período medieval, o proceso de ruralización da sociedade europea, determinou unha nova forma escolar, onde o ensino pasou a ser ligado ás igrexas. Tamén unha parte moi pequena da sociedade podía ter acceso ao ensino. Coa chegada do comercio, comeza a preocupación coa necesidade de saber. Os negocios e administrac