Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

A MALA EDUCACIÓN

Intrínsecamente, antropolóxicamente, desde que o ser humano deambula por este acuoso planeta mal chamado Terra, gusta de entreterse e pasar o tempo buscando culpables aos que, a miúdo, vemos linchar pública e alegremente por parte da sociedade. A culpabilidade, ten sen dúbida moitas connotacións obxectivas que deixan ao descuberto as "vergoñas" dos nosos "pecadores" semellantes pero, non en poucas ocasións, se viron ao longo da historia, grandes atrocidades cometidas sobre individuos e sociedades enteiras, en nome da xustiza, cunha base argumental moi alonxada da palpable realidade. Non son poucos os que cren ter na súa man a verdade absoluta, sí, aquela que nos fai sinalar co dedo acusador aos nosos semellantes sen remordemento algún. E claro, na sociedade actual, sinalar e atopar culpables segue a ser un acto redentor e purificador de conciencias éticamente cuestionables. Últimamente, observo atónito como intentamos culparnos uns a outros dunha serie de comportame