Ir al contenido principal

SEICA ISTO, XA VEN DE VELLO.

Dende o principio dos tempos, a transmisión de coñecementos e valores a través das distintas xeracións, foi parte fundamental do desarrollo da sociedade ao longo da historia.

Esta transmisión, que nun principio se realizaba no núcleo familiar, profesionalizase xa na antiguidade, pero soamente algúns sectores sociais, podían ter acceso a estes servizos.

Por exemplo, na antiga Grecia a educación era encarada como momento libre, para poucas persoas de boa condición de vida que podían ter acceso ou que non dependían do seu traballo para sobrevivir.
Moi interesantes estes videos:
https://www.youtube.com/watch?v=Oq-FmvI4ijw
https://www.youtube.com/watch?v=7oD7WkaABNE

No período medieval, o proceso de ruralización da sociedade europea, determinou unha nova forma escolar, onde o ensino pasou a ser ligado ás igrexas. Tamén unha parte moi pequena da sociedade podía ter acceso ao ensino.

Coa chegada do comercio, comeza a preocupación coa necesidade de saber. Os negocios e administración das cidades, pasaron a esixir persoas con formacións especiais. O ensino comezou a ser aberto e mesmo así continuaba accesible soamente a unha pequena parcela da poboación.

No século XVIII , a sociedade moi "Iluminada" pola razón e tamén pola liberdade, coloca o ambiente escolar como un espazo onde as ideoloxías políticas e a orientación ideolóxica adquiren un destacado protagonismo.
https://www.youtube.com/watch?v=F092-0uK4AU

Foi xa no século seguinte, onde claramente se produce a expansión da escola como institución a tódolos niveis , comprometida cun ensino para distintas parcelas da sociedade, independente de condicións sociais ou económicas.

No século XX, tamén os países colonizados proban e aproban as escolas. Aquí, as escolas se preocuparon en non ser soamente unha copia do modelo europeo; foi necesario colocar certos arranxos na educación, pois cada colonización tiña súas demandas, problemas e tradicións, e polo tanto a preocupación era sempre a busca de resolucións deses problemas demandas e contradicións.

O acceso ás informacións e saberes xa non é un problema a ser resolto exclusivamente polo ambiente escolar. A escola do século XXI, da man dos vertixinosos avances tecnolóxicos, preocúpase na trnasmisión multidireccional de coñecementos que cooperen coa transformación da sociedade, e en formar cidadáns críticos e reflexivos, capaces de exercer o seu papel de persoas íntegras que contribuian positivamente a crear un presente e futuro mellor...

Seica isto de educar xa ven de vello...seguiremos   

Comentarios

Entradas populares de este blog

ESTEAMOS BEN INFORMADOS: CURAR CONTIDOS, SANTO REMEDIO.

QUE É? A curación de contidos é a arte de buscar e seleccionar contidos de calidade e relevantes da internet, para distribuílos de maneira analítica e modificada. Trátase de conseguir unha información de calidade, separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información.  O sentido detrás de todo isto reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información. FORMATOS Poden ser moi variados, dependendo do obxectivo que pretendamos conseguir. Aquí temos algúns exemplos: Montar un repositorio categorizado de acceso por perfil de usuario Preparar un informe sectorial para a dirección ou departamento Escribir un boletín de vixilancia sobre tecnoloxía ou competidores Realizar unha estado da arte da tecnoloxía Análise de publicacións científicas FASES BUSCAR --> FILTRAR --> ANALIZAR  --> ELABORAR/ADAPTAR --> DISTRIBUIR COMO SER EFECTIVOS? 1. Mentalidad...

PANDEMIA ESCOLAR

Nestes tempos abruptos, non deixo de escoitar a "gurús" da educación compracerse da excelencia do teletraballo, e máis concretamente, no eido educativo. Non vou discutir que cos medios e a formación axeitada, a educación telemática, pode ser unha excelente ferramenta de traballo con moitísimas posibilidades, pero agora mesmo no rural galego, non estamos nese punto. E concretamente en educación infantil e primaria, onde a presenza nas clases da mestra ou mestre antóllase insubstituíble. Ollo, non digo mellor nin peor, digo insubstituíble. Un estudante de BAC ou universitario, é quen de poñerse diante dunha pantalla extraendo e asimilando contidos e conceptos, ao igual que o faría nunha clase presencial, pola propia dinámica das mesmas e a idade e intereses comúns dos interlocutores. O alumnado dos colexios precisa verse, sentirse, tocarse, emocionarse e soñar xuntos. A interacción é parte do seu desarrollo académico e personal, e a figura do mestre, a súa referencia ...